O Concello de Monterroso acolle o venres 22 a presentación dun libro do profesor monterrosino Carlos Vázquez García, nado no ano 1957.

O volume leva por título 'Monterroso: un orónimo, unha xurisdición, un concello'.

O acto terá lugar no salón de actos do Concello De Monterroso o día 22 ás 20:00 horas.

As persoas que asistan levarán como agasallo un exemplar do volume.