Venres, 28 de xullo de 2023.- O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios da vila, convoca e participa na organización dunha Feira de Oportunidades os días 11 e 12 de agosto co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo na vila.

A idea é que estes dous días se leve a cabo a apertura dos comercios participantes na rúa para poder mover o stock almacenado, promocionando o consumo na vila. Os negocios poderán ocupar solo público durante os días 11 e 12 de agosto en horario comercial para poder desenvolver a actividade e exporán ao público os distintivos que lles proporcionará o Concello.

O Concello desenvolverá un sorteo de 450 € en 15 tarxetas regalo dos comercios participantes por importe de 30 € cada un, segundo bases que rexen a iniciativa.

 

Bases para participar:

A campaña desenvolverase os días 11 e 12 de agosto, dentro do evento FEIRA DE OPORTUNIDADES.

Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 2 de agosto, por whatsapp no teléfono da traballadora de cultura (626 52 98 93), e presentar unha factura polo cheque regalo xunto co correspondente cheque regalo para o sorteo.

O Concello proporcionará aos negocios participantes as papeletas e urnas para desenvolver o sorteo, estes deberán cubrir o recadro correspondente para coñecer a procedencia das papeletas.

Non se poderán presentar ao sorteo os titulares dos comercios participantes, se son persoas físicas ou se os empresarios son persoas xurídicas, os socios, os seus familiares directos (cónxuxes, ascendentes ou descendentes en primeiro grado) ou os seus empregados, con papeletas obtidas por compras no seu propio establecemento.

Considéranse papeletas válidas as que conteñan todos os datos requiridos para la identificación dos participantes (nome, apelidos e teléfono) para así poder localizalos para realizar a entrega do premio.

 

Calendario:

Venres, 11 de agosto.- Apertura de negocios

Vendas e entrega de papeletas de sorteo

Sábado, 12 de agosto.- Apertura de negocios

Vendas e entrega de papeletas de sorteo

Luns, 14 de agosto.- Entrega no Espazo Cultural Lorenzo Varela das papeletas antes das 10:00 horas da mañá.

Sorteo único. O sorteo realizarse o día 14 de agosto a partir das 11:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e será retransmitido polas redes sociais institucionais.