O Concello de Monterroso está a redactar un plan de acción para o clima e a enerxía sostible, proxecto subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o clima e a enerxía sostible convocadas pola  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Neste plan explícanse como se propón desde o Concello de Monterroso alcanzar os obxectivos para reducir as emisións de CO. A liña de adaptación deste plan propón un total de 18 medidas, agrupadas en 10 sectores vulnerables: ciclo de auga, instalacións/edificacións, emerxencias e protección civil, enerxía, medio ambiente, mobilidade, planificación dos usos do solo, residuos, saúde e silvicutura.