Reunidos os membros do Tribunal de selección, baixo a presidencia de dona Blanca Vázquez Enríquez, funcionaria do Concello de Monterroso, os vogais: dona Salomé Santalla Carbajal, dona Isabel Vázquez Vázquez e don José Luis Mato Vázquez, persoal do Concello de Monterroso, actuando de secretaria a da Corporación, dona Mónica Vázquez Fandiño. Acto seguido, procédese á valoración dos méritos alegados polos solicitantes, de conformidade con canto se establece nas bases da convocatoria. O tribunal decide que a valoración do tempo traballado se faga tal e como consta na información ofrecida na vida laboral dos aspirantes, documento de achega obrigatoria para a valoración do apartado experiencia tal e como se esixe nas bases de convocatoria.