O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios da vila, convoca e participa na organización do evento Campaña de Nadal 'Comercio na rúa', entre os días 4 de decembro e 8 de xaneiro, co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo na vila.

Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 3 de decembro, por whatsapp no teléfono da traballadora de cultura.

O Concello desenvolverá dous sorteos de 540,00 € en 18 tarxetas regalo dos comercios (36 tarxetas en total).

Os sorteos realizaranse os días 26 de decembro e 8 de xaneiro a partir das 11:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e será retransmitido por redes sociais.