O Concello de Monterroso convoca o IV Concurso de decoración de Nadal.

Hai dúas categorías, comercial e asociativa.

O tema a desenvolver xirará en torno ao AMBIENTE DO NADAL.

Como inscribirse?
Os impresos poderán obterse no ESPAZO CULTURAL LORENZO VARELA.

Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse no correo electrónico concursos.concello.monterroso@gmail.com  ANTES DO 11 DE DECEMBRO  sendo preciso enviar ata un máximo de 3 fotos do elemento decorado, facendo constar no asunto do correo electrónico PARTICIPACIÓN CONCURSO DECORACIÓN DE NADAL, así como o nome da persoa ou entidade participante.

Premios
Serán anunciado na web do Concello de Monterroso. O día 5 de xaneiro de 2024. E estarán distribuídos do seguinte xeito:
TARXETAS MOEDEIRO PARA CONSUMIR EN EMPRESAS LOCAIS POLOS SEGUINTES

VALORES:
Categoría Comercial     1º Premio.- 250 €
                                      2º Premio.- 200 €
Categoría Asociativa    1º Premio.- 150 €
                                     2º Premio.- 150 €